Actualizado en data 25/11/2020

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O galego antes do nafraxio

UrcaConta a historia que vindo de Flandes nunha urca, que é unha embarcación grande e ancha no centro que se usaba para transportar grans e outros xéneros, e antes de tomar porto na Coruña presentouse unha grande tempestade no mar. Para achicar e tratar de salvar a nave só cinco portugueses traballaban. Nin comían, nin durmían; só lle daban á bomba e facían as reparacións.

No barco viña un galego que, sabedor de que o barco se ía a pique, primeiro subiu á gabia por mirar se endelgaba ou non a súa terra, Galicia. Como non se vía, sentou e púxose a comer todo o que tiña. O contramestre subiu á gabia e ó velo comer con aquel descoido e sen preocuparse de salvar o barco, rifoulle e preguntoulle porque non lles axudaba ós demais a achicar.

—Que fas aí? Por que non axudas ós demais?

E respondeulle o galego:

—Corpo de Deus! A un home que tanta auga agarda beber, non lle deixaredes comer sequera dous bocados?

Nota:

Este conto aparece en varios textos e coleccións desde o séc. XVI como ten amosado M. CHEVALIER, Cuentecillos tradicionales en la España del Siglo de Oro, Editorial Gredos, Madrid, 1.975, ppp. 261-264. A mención máis antiga é a de Glosas al sermón de Aljubarrota, 1545?, síguelle a que se fai en El Sobremesa y Alivio de caminantes, 1.563, de J. de TIMONEDA, en Floresta española, 1.574, de M. de SANTA CRUZ, usouno AMBROSIO DE SALAZAR en Las clavellinas de recreación, 1.614, JUAN de LUNA en Segunda parte del Lazarillo de Tormes, para rematar as citas coa mención que se fai do mesmo asunto no libro Vida y hechos de Estebanillo González, 1.646. En Glosas al sermón de Aljubarrota, o texto que seguimos para a nosa versión, o protagonista é un galego, e tamén na de Vida y hechos de Estebanillo González, se aceptamos a declarada orixe galega do protagonista.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: