Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Contos e historias de raposos (V)

Estes textos (fábulas, contos e sucedidos) son o resultado dun traballo escolar, complementario da lectura do libro “Memorias dun raposo”, realizado por alumnos e alumnas do IES San Rosendo de Mondoñedo.

Con agradecemento ao profesorado que o impulsou e ao alumnado que recompilou (citados en cada caso) e aos seus respectivos informantes. A ilustración é da autoría da alumna Adriana Morán Currás.

Contan meu avó e miña avoa que hai moitos anos, sobre 60, cando na miña aldea un home cazaba un raposo atáballe os catro pés e poñíao ó lombo, así percorría todas as casas ensinando o raposo morto. En cada casa dábanlle dous ou tres ovos en recompensa por telo cazado. A cantidade de ovos dependía do número de galiñas que se tiñan.

[Recollido por: María Vigo Galdo, 1º ESO. Informante: Avó Pepe e avoa Enma (69 anos), de Terraxíss, Moncelos, Abadín (Lugo)].

Cando na miña casa había can, o raposo viña de noite. Se o can tiña comida, o raposo comíalla e despois dáballe a volta ó cacharro; pero se non a había, mexáballe nel por rir do can.

 [Recollido por: María Vigo Galdo, 1º ESO. Informante: Do pai Juan (41 anos) de Terraxíss, Moncelos, Abadín (Lugo)].

Aló polo ano 1965 traballaba de canteiro un tío avó meu que ten 70 anos. Un día pola mañá chegou cos seus compañeiros ó sitio onde estaban facendo un pozo. No fondo del había un raposo deitado, e entre tod9os dixeron:

—Mira quen caeu aí! Aí vai ben!

Baixaron ó pozo e meteron o raposo no cesto en que movían a pedra e subírono. En canto estaba fóra e se viu libre, o raposo marchou correndo. Desde aquel día puxéronlle o nome de Zapatillas.

 [Recollido por: María Vigo Galdo, 1º ESO. Informante: De Guillermo (70 anos) de Román, Vilalba (Lugo)].

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: