Contos da tradición oral de Galicia
Queres que cho conte?
—Unha vez era unha vella que ía polo monte. ¿Queres que cho conte?
—Si.
—Eu non che digo si; digo que unha vez era unha vella que ía polo monte ¿queres que cho conte?
—Non.
—Eu non che digo non; digo que unha vez era unha vella que ía plo monte ¿queres que cho conte?
—Si
—Pois voucho contar. As nenas do cu cosido, meu Deus querido, non poden andar.
Nota
Este conto forma parte do tomo “Contos de parvos e pillos, I” da colección Cabalo Buligán. Correspóndese co Tipo 2275 na clasificación internacional de A. AARNE e S. THOMPSON. Foi tomado da versión de LOIS CARRÉ, Contos populares da Galiza, Junta Distrital do Porto, 1.968, nº 86.