Actualizado en data 17/09/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

En Cervantes, un morto mata dous vivos

Foi na primeira metade do pasado século XX. Nun día gran nevarada morreu un home dun pobo de Cervantes. Dous veciños da aldea marcharon a San Román, a capital municipal, para que o xuíz de paz emitira o certificado de defunción e así poder dar sepultura ao defunto. Mais na volta cara a aldea para darlle o certificado ao cura botóuselles a noite enriba, mais tal era o frío que morreron conxelados. De aí o dito: "En Cervantes un morto matou dous vivos".

[Texto remitido por Xabier Moure Salgado, de Becerreá (Lugo). Marzo de 2015]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: