Actualizado en data 26/11/2022

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

[Conto Tipo ATU 934K] As misteriosas voces do río Miño

Nun lugar chamado Mosteiro, pertencente á parroquia de Xián, concello de Taboada (Lugo) había un convento, habitado por monxas. Estaba situado á beira do río Miño e conta a lenda que do río saían unhas voces que dicían "las aguas se van y el hombre no llega"; esa voz falaba sempre en castelán. Esta frase soía oírse dúas ou tres veces diarias, sempre procedente do río Miño.

Un día apareceu un home no convento. Viña canso de camiñar e tiña os pés cheos de ampolas. As monxas fixérono entrar no convento e leváronlle unha almofía (palangana) con auga. E cando o home meteu os pés na auga da almofía, oíuse a voz do río. Momentos despois, o home afogou na almofía e dende aquel día nunca se volveu oír a voz. Hoxe en dia o convento está restaurado.

Nota do informante A lenda pasa de boca en boca, de xeración en xeración, na parroquia de Xián, en Taboada. Todos na parroquia coñecen a lenda. A min contoumo a miña nai, Ana Vázquez López; á miña nai contoullo a súa bisavoa, Aurora Pérez Rivas, que naceu no ano 1892, para que vos fagades unha idea da antigüidade da lenda. [Texto remitido por José Alejandro Brao Vázquez, residente en Lugo, en setembro de 2013]
Nota do editor Trátase dunha versión das poucas que se recolleron até o de agora en Galicia sobre o conto tipo ATU 934K.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: