Contos da tradición oral de Galicia
O raposo e o lobo á raxeira [AT-15: The Theft of Food by Playing Godfather]
Eu non sei que bicho mataron e empezaron a botar a culpa un ó outro.
—E, pois comícheo tu.
—Non, que o comiche tu.
—Bueno, pois o que o comeu ten que sudarlle a barriga.
E entonces:
—Vámonos deitar a durmir á raxeira e despois o que lle sude a barriga foi o que o comeu.
E deitáronse a durmir pero o raposo é máis listo que o lobo. O lobo adormeceu e estivo durmindo; vai o raposo e levántase e méxalle na barriga. E despois chamouno:
—¡Eh, mira como che suda a barriga!
Despois quen levou a culpa foi o lobo.
Recompiladores: Equipo Chaira (Mª Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa)
Informante: Dionisio Souto Valle (68 anos).
Lugar e data de recollida: Corvite. Marzo de 1993.
Proxecto: Transcrición extraída do “Inventario de lendas, contos e outras manifestacións da literatura oral do concello de Abadín”. Campaña 1992-1993.
__________