Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

O raposo e o lobo na sega [AT-9: The Unjust Partner]

O raposo e o lobo foron segar e díxolle o raposo:
—Vamos partir antes de segar.
E díxolle o lobo:
—Como queiras.
E díxolle o raposo:
—Pois mira, a min dáme do medio pa riba unha miguiña pouco e tu leva o de baixo—dixo—, que a min écheme igual.
E segaron; o raposo colleu do medio pa riba e o outro colleu do medio pa baixo. O raposo fixo unha mao de trigo a base de ben e o lobo non fixo nada.
—¡Pero, como che pasou! ¡Ter tanta meda e eu non ter nada! ¡E tu te-lo trigo todo!.
Dixo o raposo:
—Ai, ho, pois eu deiche a escoller. Escolliche tu o que che deu a gana.
Escollera a espiga e ó lobo deulle a palla.
__________


Recompiladores: Equipo Chaira (Mª Ofelia Carnero, Xoán R. Cuba, Mercedes Salvador e Antonio Reigosa)
Informante: Rodolfo Caballero (56 anos).
Lugar e data de recollida: A Xesta, Quende, Abadín (Lugo). Xaneiro de 1993.
Proxecto: Transcrición extraída do “Inventario de lendas, contos e outras manifestacións da literatura oral do concello de Abadín”. Campaña 1992-1993.


__________

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: