Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Salto do Can

Lugar da parroquia de Saldanxe, concello d’A Pastoriza (Lugo). O seu nome débese a que hai moito tempo houbo unha loita entre cans e lobos, e un dos cans deu un salto moi grande, por encima de todos os demais.
Xa hai moito moito tempo, en Galicia os cans era moi mal tratados polos seus amos, non lles daban de comer e dábanlles moitos paos. Entón os cans das catro provincias de Galicia decidiron que había que xuntarse para facer algo.
Cando viñan cara Bretoña, e pola zona de Terra Chá, pensaron que era mellor deixar os cus colgados dos carballos, porque así os lobos non poderían saber donde se xuntarían.
Pero cando chegaron a O Salto do Can, apareceulles unha manda de lobos e empezaron a loita entre eles. Aquí foi cando un dos cas deu un salto tan grande que pasou por encima de todos.
Os cans marcharon tan apurados que cando pasaron polos carballos onde deixaran os cus, cada un colleu o que primeiro atopaba.
E agora o primeiro que fai un can é cheirarlle o cu do outro para comprobar se leva o seu.

[Texto elaborado por Belén Chao Onega, de Bretoña, A Pastoriza (Lugo). Setembro de 2012]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: