Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Contos da tradición oral de Galicia

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Conto: Do Noso Señor e San Pedro [ATU-791: Christ and St. Peter in Night-Lodgings]

Cando Noso Señor e San Pedro andaban por´o mundo, foron pedir pousad´a unha casa ond´había unha muller sóla; deitonos os dous n´unha misma cama, porque non tiña máis; cando foi día, a vella tiña que salir a traballar e mandounos levantar, pero Noso Señor decíall´a San Pedro ¨deixémonos estar un pouquiño máis´., máis a vella, así que s´enrabechou, colleu un pau y´empezou a mallar en San Pedro qu´estaba de borda; despóis, él, queríase levantar pero o Noso Señor díxolle: ¨Non, en tal caso, cambiemos de sitio, porque se volve vir a vella, mállate outra vez y´así léva´as tú sempre¨. Cambiaron de sitio por fin, y´entonces volveu a vella: ¨!ay, condenados¡, vos inda estades na cama? Pois deixai que denantes deixe co pau o da borda, pero agora lévayas o da parede¨; y émpezou a mallar outra vez no San Pedro; de forma que, quen levou pau foi xempre o San Pedro”.

Fonte
SANTANA, Urbano; Resume xeneral de folk-lore de Sandiás, Revista Nós, xuño-setembro, 1931

[Texto remitido por Xavier Feixoo, de Sandiás (Ourense)]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: