Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Meco

Hai moito tempo vivía no Grove (Pontevedra) un cura que lle chamaban O Meco. Parece que tiña por costume non permitir as vodas se antes a noiva non ía á cama con el.
Pero un día unha muller negóuselle e matou o cura. E todos os do Grove, para disimumlar o crime, colleron o cura e aforcárono nunha árbore no monte Siradella.
A xustiza prendeu o noivo da muller aquela, crendo que fora el quen o aforcara. Mais cando lle preguntaron se fora el o que matara o Meco, negouno.
A xente que estaba no xulgado dixo:
—Fomos todos!
Así que non puideron reter a ninguén porque non sabían que fora o que matara ó Meco.

[Texto elaborado por Rubén Domínguez, de O Grove, Pontevedra]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: