Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Gaifar

Gaifar está en Panxón, no concello de Nigrán (Pontevedra).
Houbo un tempo, ben lonxano por certo, no que había un portiño na beira do mar. Os habitantes decidiron chamalo Caifás e ese nome lle quedou.
Co tempo, apareceu Xesús Cristo resucitado pola vila e esixíu o cambio dese nome de tan mala lembranza para el. Mais a xente repúxose e dixeron que era o nome da súa aldea dende sempre e que non querían cambialo.
En vista de que os aldeáns teimaban con manter o nome, Xesús Cristo deulles un ultimatum:
—Ou lle trocades o nome, ou a vosa viliña desparecerá mañá cuberta pola area.
A xente elixiu seguir chamándolle á súa aldea co mesmo nome de sempre e ao día seguinte, a aldea desapareceu debaixo dunha duna de area traída por unha onda xigante.
Os sobrevivintes tiveron que marchar daquel lugar e construíron novas casa un pouco alonxados da duna. Co tempo, a aldea medrou e chegou ata a duna que a xente rebautizou co nome de Gaifar esquecendo o vello nome que tantos problemas lles dera.

[Texto elaborado a partir da información facilitada por Pedro Salgueiro Sexto, O Porriño (Pontevedra), a quen lla contou un pescador de Gaifar quen a escoitara, á súa vez, da súa nai]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: