DICIONARIO
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Coxo de araña
Coxillo. Erupción granular cutánea que sae en calquera parte do corpo por estar en contacto con insectos ou con outros bechos. A araña, a salamántica, a toupa, o sapo e a cobra, entre outros animais, poden causar coxo. Para curalo é bo o cuspe de certas persoas que saben bendicir o coxo, as que para ter ese poder deben matar tres toupas redondas, cada unha con tres puñadas. Contra o coxo é moi bo tamén o corno bendicido de Licornio, ou Alicornio, pasándoo pola parte dorida facendo cruces e sacudindo.
En Cualedro (Ourense) unha moza tivo coxo no pescozo causado por unha araña. Víaselle mesmo a araña retratada, pintada na pel. Só lle cuspiu na ferida un día a señora Rosa e curou, aínda que deberían de ser tres os días de tratamento de cuspe da señora Rosa.
BIBLIOGRAFÍA