Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Alcaparra dos Ancares

O pozo de Ferreira está na aba do Cuíña, un dos picos da Serra dos Ancares.
Era un matrimonio moi rico que vivía nunha cidade chamada Alcaparra e tiña unha filla á que festexaban dous rapaces.
A nai da rapaza quería que casase co rico mentres que a moza prefería ó máis pobre.
O pai da moza para solucionar as diferencias propúxolles ós dous pretendentes que aquel que antes rematase de levar unha presa dende o pozo de Ferreira á cidade de Alcaparra quedaría coa filla.
Esta é a razón que explica que haxa dúas presas en paralelo que saen do mesmo pozo. Postos á obra o que chegou antes coa cal de auga á cidade foi o pobre pero a nai da rapaza non lla quixo dar en matrimonio.
Pasou pouco tempo, veu unha tronada que asulagou Alcaparra e desapareceu. Por iso quedou o dito:
"La ciudad de Alcaparra se hundió
por hombre bueno y mujer mala"

[Texto remitido por José María Carricoba Armesto, Lugo]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: