Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Coscobellos

Os coscobellos cóllense nos ríos da seguinte maneira. Hai que levar unha albarda de burro, unha cabezada, unha pa das de botar o pan no forno e un cesto de dúas tapas. O cazador métese descalzo no río e dando golpes coa pa na auga di:

Coscobello, vente ó cesto,

e bizbardo, vente ó fardo,

Xan da albarda por ti agarda,

i aquí coa cabezada.

A referencia é do concello do Corgo (Lugo), concretamente de Queizán, e dise que os mozos do lugar aínda lle tiran pedras ao incauto que vai na procura dos coscobellos, e dinlle "ei van os coscobellos", e chámanlle "Coscobellán".

Os coscobellos, como os biobasdos, cocerellos e outros moitos inexistentes son necesarios para enredar a cándidos e inxénuos.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: