DICIONARIO
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Xans
As Xans. Procesión de pantasmas que, a diferencia da Compaña, está formada por vivos. Forman dúas ringleiras e portan un cadeleito. Intérpretase que os participantes nesta procesión irán morrendo segundo a proximidade ao cadaleito; os que camiñan máis lonxe poden tarder 3 ou 4 anos.
Só os poden ver aqueles que o padriño ao bautizalos dixese mal o credo ou que o crego oficiante cambiase os óleos de bautizar polos da Extremaunción. Esta situación só se pode remediar se se repite, e ben feita, a cerimonia do bautismo. Soen deixarse ver nas encrucilladas, pero non se poden sentir, e ademais son vingativos. Se a persoa que os ve é amiga dos que van na procesión, non ten perigo, pero de levarse mal con algún deles, é seguro que o arrastrarán polas silveiras.
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS
Aquí vos aporto un pouco máis, inda que estou pensando nunha continuación que complemente o escrito: https://delouredo.blogspot.com/2016/05/as-xans.html