Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O Rachador

Coco para asustar oss cativos: Cando era no tempo do millo, cando se andaba no medio do millo, dicían: -A onde ides, que vén o Rachador e lévavos! Cóntano por San Martiño de Vilaboa e en Salcedo. [Tomado de Fol de veleno, da autoría de José Angel Rosales. Referencia do concello de Vilaboa (Pontevedra)] Segundo testemuñan os naturais, no mesto milleiral dos Redondelos (Salcedo), na ribeira do río dos Gafos, embosca o Rachador, sanguento asasino. O inclemente Rachador escolle por vítimas as mulleres que, sen compaña, vadían imprudentes polos arredores. O Rachador viola e mata sen dó. Ignórase a identidade ou natureza do desapiadado agresor, descoñécese o seu paradoiro, así como a maneira de pór fin ás súas atrocidades. [Tomado de C. Solla: Mitoloxía do río dos Gafos]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

O rachador tamén é coñecido na parroquia de Coiro (Cangas). Eu son de ali e a miña nai falabame del como unha persoa da que os rapaces tiñan que ter coidado

Enviado por Alexandre o 24/09/2012 ás 19:54:18


Tamén é coñecido en Marín, oído no Cantodarea

Enviado por Jose o 27/10/2015 ás 20:56:27


Enviar comentario a este artigo: