Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Casa do Verme de Doade

Pasou en Doade, Sober (Lugo), polo verán do ano 1931. Unha casa daquel lugar apareceu de repente chea de vermes brancos e gordos que andaban libremente polos cuartos. Tomaran os armarios, as camas, os mobles todos; os donos sacábanos a sacos e queimábanos pero cantos máis sacaban, máis aparecían.
Durante dez días foi así a cousa ata que mandaron chamar ó cura da parroquia; bendiciu a casa e acabouse todo.
O motivo polo que houbo semellante invasión explícase da seguinte maneira. Naquela mesma casa vivira un home que un día de San Pedro fora segar o pan coma se non fose día santo. Cando un veciño lle chamou a atención, el repuxo:
—¡A min San Pedro non me vén gardar o pan se chove; así que vou segar e despois fago unha empanada e vou á festa!
E disque aínda engadiu un xuramento.
Foi segar e foi á festa, e cando se foi deitar ás doce da noite tiña a casa cheíña de vermes. Din que tivo que marchar dela; e que non regresou endexamais.
Isto si que é importante; a este home chamábanlle O Verme.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: