Cambona de Lañas
Hai case 20 anos en Lañas, Arteixo (A Coruña) vivia unha anciá que odiaba os nenos.
Nas festas, cada vez que un neno cruzaba por diante da sua casa berraballe: Fóra de aquí!
Ata que un día uns gamberros cun petardo, déronlle nun pé. Do chimpo que deu caiu ao forno queimándose viva.
E agora din que as noites de festa a pantasma sae cunha escopeta disparando aos nenos e berrando, e á vez queimándoselle os pés.
Os veciños din que agora vive en Madrid pero eu non o creo porque eu vía á Cambona.
[Texto remitido por Martín Paz Boedo, de Arteixo (A Coruña). Outubro de 2008]