Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

DICIONARIO

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Pinoucha, A

Cando estaba eu no colexio (haberá case trinta anos, en Torneiros, O Porriño) corría o rumor de que había unha muller que perdera os seus dous fillos, que toleara e quería coller nenos que estivesen sós.
Cando remataba o recreo corriamos para a clase por se acaso. Facer a gata (faltar a clase) tiña o seu perigo e sempre tiñamos á Pinoucha en mentes.

Nota do informante: Eu nunca souben se esa muller existía ou non pero entereime da lenda de “La LLorona” en México e paréceseme a historia.

[Texto remitido por Pedro Salgueiro Sexto, O Porriño (Pontevedra). Abril de 2008]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Esa muller existiu,aínda que xa morreu.A todos os nenos e nenas lles daba moito medo.

Enviado por Rue o 09/02/2010 ás 19:03:06


Enviar comentario a este artigo: