Calendario
CATEGORÍAS RELACIONADAS
O demo na Rabadeira
Na Rabadeira, en Seavia, concello de Coristanco (A Coruña), polas festas de Santa Ana que se fan coincidindo coa Ascensión, algúns romeiros levan como ofrenda leite muxido do día e uns lazos de cinta para pedirlle á santa unha boa hora no parto; cos lazos tocan os peitos das mulleres e os ubres dos animais para propiciar un bo aleitamento dos fillos que lles nazan.
Este mesmo día, se hai néboa nos montes, pode verse un carro tirado por dous bois e guiado por un demo paseando os cumios dos arredores.
BIBLIOGRAFÍA