Máscaras de Entroido: Lanceros
Localización: Cotobade (Pontevedra)[1].
Vixencia: Desaparecida
Vestiario elegante. Cara tapada con careta. Roupa militar de gala ou traxe branco americano moi adornado, con cintas de seda penduradas dos brazos e das costas. Un mantón atravesado polas costas, unha capa vermella sobre os ombros. Na cabeza un gorro trapezoidal, alto, de cartón, recuberto con papel de seda e adornado con cintas de papel penduradas da traseira e dos lados, de cores variadas (vermello, branco, amarelo…). As pernas apertadas con polainas negras, que tamén serven para suxeitar o pau feito de cana que sostén unha bandeira (galega ou española) rematada cunha lata con figura de lanza. Forman parte, sempre a cabalo e en número variable, da comparsa denominada Momada, Ían tocando cornos, anunciando o seu paso.
[1] Fraguas 1930: 87 e ss.
BIBLIOGRAFÍA