Calendario
CATEGORÍAS RELACIONADAS
A Nosa Señora das Neves e a Fonte Santa de Buxantes
Estamos no concello de Dumbría (A Coruña), na mesma beira do Camiño que desde Santiago leva ata Fisterra. O primitivo edificio da Ermida da Fonte Santa ou da Nosa Señora das Neves (probablemente obra de finais do s. XV) foi reedificado en 1792. A carón celébrase unha romaxe o 8 de setembro na que se acostuma dar de beber auga da chamada Fonte Santa a mulleres e vacas en período de aleitar e co obxectivo de aumentar a cantidade e a calidade do alimento. Non se pode falar con ninguén nin no camiño de ida nin no de volta.
Ondea abrolla a auga da fonte púxose un cruceiro.