Recuperan os Vixigueiros, unha máscara esquecida do Entroido de Samede, en Paderne.
Un grupo de cidadáns están traballando para recuperar un Entroido tradicional na aldea de Samede, Concello de Paderne (A Coruña).
No 2017 recuperaron a Muiñeira Cruzada de Samede, que levaba medio século sen bailarse, correndo o risco de desaparecer. Este ano 2018 traballan para recuperar os Vixigueiros de Samede, unha figura vernácula do Entroido samedés desaparecida, usada asemade noutros lugares de Galicia.
O seu obxectivo é recuperar un Entroido Tradicional Rural e Participativo, servindo asemade de alicerce pra outros Entroidos Tradicionais esquecidos ou semiesquecidos.
PROGRAMA
Veñas de onde veñas es moi benvido a PARTICIPAR
30-12-2017 10:00 Bar Beade
Obradoiro de Entroido 1
( materiais, máscara, traxe, enxoval )
07-01-2018 10:00 Bar Beade
Obradoiro de Entroido 2
( materiais, máscara, traxe, enxoval )
11-01-2018 10:00
Chegada de Policarpio
14-01-2018 10:00 Bar Beade
Obradoiro de Entroido 3
( materiais, máscara, traxe, enxoval )
Entroido Pequeno
11-02-2018 12:00 Ermida de Samede
12:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede
Entroido Farrapeiro
13-02-2018 16:00 Ermida de Samede
16:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede
Entroido Grande
18-02-2018 12:00 Ermida de Samede
12:00 Baixada dos Vixigueiros e Besta dende o Castro de Samede
13:00 Muiñeira Cruzada de Samede.
16:00 Xuízo de Policarpio.
+ info: http://entroidosamede.gal/