Actualizado en data 17/09/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Calendario

O Ano Vello

A noite do derradeiro día do ano está cargada de misterio xa que se xuntan a despedida do Ano Vello e a benvida do Novo Ano. É un tempo de transición na que se desatan as forzas ocultas e por iso se lle vencellan ritos e poderes máxicos. En moitas partes de Galiza queimaban o Ano Vello, como en Becerreá (Lugo), simbolizado nun boneco de palla vestido con roupa usada que se queimaba cara a medianoite. Un xeito de botar fóra do seu mundo todo o vello.

[Texto de Xabier Moure Salgado. Decembro de 2011]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: