Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Calendario

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O carballo de San Fins

En Cambeda, Vimianzo (A Coruña) hai un carballo centenario ó que nunca lle seca a folla. A carón del hai unha capela onde se celebra a romaxe de San Fins o día 1 de agosto.
Este día acoden herniados e doentes de costas e cadrís e, amais de asistir ós oficios relixiosos, visitan o carballo. Os adultos danlle nove voltas arredor e algúns deixan unha flor posta nas pólas.
Para que teña efecto cos males dos nenos búscase unha póla esganada e sóldase con barro e un pano mollado; se cura a árbore, sana o rapaz.
No xornal "La Voz de Galicia" do día 27 de maio de 2004 dise que lle cortaron as pólas e que, se cadra, perde a forza para as curacións.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: