Actualizado en data 26/11/2022

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Lugo de lenda

Cada lenda ten unha historia, unha orixe tan profunda e antiga que na maioría dos casos non somos quen de rastrexar. Cada lenda é un pouso decantado, vestido de adobo literario, que acumula séculos de memoria colectiva e que serviu e aínda pode que sexa útil para comprendermos mitos, ritos e crenzas que practicamos e que describen a nosa forma de ser e de entender todo canto nos rodea.

Diso e de máis asuntos que irá descubrindo quen lea este libro tratan estes cento trinta relatos lendarios que percorren a provincia de Lugo de leste a oeste e de norte a sur. Oxalá sirvan para estimular a curiosidade por descubrir novos lugares imaxinarios en cada un dos nosos arredores.

Autor: Antonio Reigosa

Ilustraciónde portada: Andrea López Álvarez

Edicións Embora 2022

ISBN: 978-84-17824-68-6

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: