Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

O 5 de marzo de 2020: A web Galicia Encantada celebra o 15º aniversario na Rede

Galicia Encantada (www.galiciaencantada.com), a Enciclopedia da Fantasía Popular de Galicia, celebra o 5 de marzo de 2020 o seu 15º aniversario na Rede

Galicia Encantada naceu para internet o 5 de marzo de 2005. Desde entón, baixo o coidado do seu creador, coordinador e responsable de contidos, Antonio Reigosa, incorporou 3.000 documentos e varios milleiros de visitas.

Publicación conmemorativa

Nas próximas datas chegará ás librerías unha publicación conmemorativa do 15º aniversario: Guía de campo da Galicia Encantada. Dos seres míticos e dos lugares que habitan (Xerais, 2020), con ilustracións de Noemí López.

Ilustracións: Noemí López

Mantemento técnico: Manuel Fernández, de Lugonet

Estadísticas: Google Analytics ano 1 de xaneiro de 2011- 1 de marzo de 2020

Usuarios: 317.501

Sesións: 443.439

Nº de visitas a páxinas: 2.294.611

Ver anexo: Informe Analytics

ANTECEDENTES

Algúns recoñecementos e premios

Premio de Cultura Tradicional ‘María Castaña’ (2006)

Premio Irmandade do Libro (2013)

Homenaxe Festival Atlántica (2015)

Finalista Gala do Libro (2018), modalidade Proxecto Literario na Rede.

Finalista Gala do Libro (2019), modalidade Proxecto Literario na Rede.

Publicación conmemorativa do 10º aniversario

Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías (Xerais, 2014), con prólogo de Xabier DoCampo e ilustracións de Noemí López.

Sobre a web Galicia Encantada

Artigos publicados en revistas como Murguía e Culturas Populares, e en monográficos como Palabra viva, Cultura tradicional e desenvolvemento rural.

Seccións/categorías

Os arquivos orgánizanse en 33 seccións ou categorías temáticas organizadas alfabeticamene.

Documentación

Ademais, inclúe, entre outros apartados, “Aulas da memoria” con traballos escolares, e “Didáctica da Fantasía” con propostas para a realización de enquisas e traballos de campo.

Revista (ISSN 1887-2859)

Publicados ata o de agora 16 números e 120 artigos, a maioría sobre o patrimonio inmaterial galego e veciñanzas (Norte de Portugal, Asturias e León).

Colaboradores

Individuais

Centros escolares

Iconografía

As ilustracións, tanto a imaxe de cabeceira como as que encabezan as diferentes sección ou categorías son da autoría da ilustradora lucense Noemí López.

Informe Analytics


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: