Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Mestras e Mestres da Memoria 2013-2019. Tesouros Humanos Vivos

Este libro que se fai realidade na sétima edición dos Premios Mestras e Mestres da Memoria, convoca a historia dos anos nos que celebramos homes e mulleres como referentes da nosa oralidade. Hoxe, celebramos de novo os Mestres e Mestras da nosa cultura, da nosa Memoria. Conscientes de que son a salvagarda e continuidade deste patrimonio vivo, apousentado na memoria individual e colectiva, e que depende de nós a consideración social que sexamos capaces de conceder a todos e cada un destes depositarios e depositarias, que son en definición da UNESCO, verdadeiros Tesouros Humanos Vivos.

Así, a Sección de Literatura de Tradición Oral con Antonio Reigosa á súa fronte, con Isidro Novo sempre na memoria e no corazón, con Lois Pérez e todo o Consello Directivo da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, consideramos que é unha obriga colectiva e unha responsabilidade social identificar e recoñecer publicamente aqueles homes e mulleres que posúen o saber da nosa tradición á luz do presente. Neles recoñecémonos e recoñecemos os alicerces humanos do noso Patrimonio Cultural Inmaterial; sobre deles erguemos as máis sólidas paredes do noso fogar comunal. No seu saber habita o sentir e o soñar da nosa identidade.

Cesáreo Sánchez Iglesias
Presidente da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega

A versión impresa distribuirase entre as persoas asistentes á Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria 2019 (25 de outubro de 2019)  e entre as bibliotecas e centros de ensino dos concellos de orixe de todas as Mestras e Mestres.

Descárgao en PDF aquí

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: