NOVAS / INICIATIVAS
A web Galicia Encantada celebra o 14º aniversario na Rede este 5 de marzo
Galicia Encantada, a web da Fantasía Popular de Galicia, celebra o 14º aniversario na Rede este 5 de marzo de 2019.
Galicia Encantada, a web da Fantasía Popular de Galicia, naceu para internet o 5 de marzo de 2005. Desde entón, baixo o coidado do seu creador, coordinador e responsable de contidos, Antonio Reigosa, atesoura máis de 2000 arquivos/documentos que se foron subindo e milleiros tamén os visitantes que recibe ano tras ano.
Mantense a regularidade na incorporación de novidades.
Recoñecementos/Premios
Premio de Cultura Tradicional ‘María Castaña’ (2006)
Premio Irmandade do Libro (2013)
Homenaxe Festival Atlántica (2015)
Finalista na Gala do Libro ( 2018), modalidade Proxecto Literario na Rede.
Publicación conmemorativa 10ª aniversario
Galicia Encantada. O país das mil e unha fantasías (Xerais, 2014), con prólogo de Xabier DoCampo e ilustracións de Noemí López.
Sobre a web Galicia Encantada
Artigos publicados en revistas como Murguía e Culturas Populares, e en monográficos como Palabra viva, Cultura tradicional e desenvolvemento rural.
Seccións/categorías
Os arquivos orgánizanse en 33 seccións ou categorías temáticas que van alfabeticaqmente desde o Alén, coas súas lendas, pasando polas relacionadas con todos os seres da nosa mitoloxía popular (encantos, tesouros…) e os lugares e toponimia asociada á literatura popular tradicional.
Documentación
Inclúe, entre outros apartados, “Aulas da memoria” con traballos escolares, “Biblioteca”, con varias publicacións en PDF, e “Didáctica da Fantasía” con diversas propostas.
Outras sección:
Novas, Contacto, Buscador, Mapa (localizador de lugares con lenda).
Revista (ISSN 1887-2859)
Publicados 115 artigos do maís variados temas, a maioría sobre o patrimonio inmaterial galego pero tamén referidos a Portugal, león e Asturias.
Iconografía
As ilustracións, tanto a imaxe de cabeceira como as que encabezan as diferentes sección ou categorías son da autoría da ilustradora lucense Noemí López.
Estadísticas: Google Analytics ano 2018
Páxinas vistas: 341.759, con 4,87 páxinas por sesión e 3:43 minutos de media.
Visitas desde máis de 100 países e 319 localidades españolas, sendo A Coruña a primeira e Madrid a segunda en número de visitas.
71% de visitas dende Google, 18% directo, 7% redes sociales e 4% dende outras webs.
Contidos: Entradas diferentes: 2.109 (lendas, artigos, reseñas, etc.)
Visitas a contidos concretos dende o inicio do rexistro: 5.328.314 visitas.
Top 5 categorías (por número de entradas)
577 Xeografía Mítica
559 Ritos, obxectos e operacións Máxicas
464 Seres míticos
452 Festas e mitoloxía relixiosa
250 Augas
Mantemento Técnico: Manuel Fernández Prado, de Lugonet.
Un afectuoso saúdo
Antonio Reigosa