Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

O ‘Calendario das lendas’ do CEIP de Cervo para o ano 2018

Non hai moito tempo contábavos que neste curso 2017-18 a biblioteca do  CEIP de Cervo (Lugo), o Equipo de Dinamización da Lingua Galega e a Coordinadora do Proxecto Erasmus estaban desenvolvendo un traballo encamiñado á edición do CALENDARIO ANUAL coa temática  LENDAS ALÉN DE EUROPA, pois forman dun Proxecto europeo ERASMUS, xunto con Rumanía, Portugal, Lituania, Grecia, Polonia e Turquía.

Cada aula de infantil e primaria, foi elaborando unha folla do calendario, de xeito que  cada mes vai dedicado a unha lenda: Covas do Rei Cintolo, Apalpador, Biosbardos, os Trasgos, Lavandeiras, Maruxaina ... e outros moitos personaxes da nosa mitoloxía popular.

O produto final é este fermoso CALENDARIO DE LENDAS  que xa se difunde polos países que participan no proxecto. Parabéns ao alumnado e ao profesorado do CEIP de Cervo por agasallarnos con esta marabilla!

VER /DESCARGAR:

O ‘Calendario das lendas’ do CEIP de Cervo para o ano 2018


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Un traballo precioso, de seguro que cada mes do 2018 aprenderemos unha lenda de A Mariña vendo eses orixinais meses!

Enviado por María Fernández o 20/12/2017 ás 22:12:38


Enviar comentario a este artigo: