Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Vivencias, de Carmen Eiroa Barreira

A Fundación “Eduardo Pondal” co patrocinio da Deputación da Coruña vén de editar o libro “Vivencias” da autoría da poeta Carmen Eiroa Barreira “Carmen de Eiroa”, nacida en Pardiñas, Tallo, Ponteceso (A Coruña) en 1947.

Unha mostra máis da excelencia dos e das poetas populares que tanto abundan pola comarca de Bergantiños.

Ademais dos poemas, hai na publicación dous documentos de especial relevancia denominados “Entrevista”, que estiveron ao coidado do profesor Luis Antonio Giadás Álvarez. Textos estes fundamentais para entender as razóns que motivaron a creación de cada un dos poemas publicados.

Un sentimento poético de raíz, apegado á terra e ás xeografías vitais de “Carmen de Eiroa”. Unha das grandes poetas populares do noso tempo.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Eu si que estou encantada .

parabens a todas as personas que fixeron posible esta publicacion




Enviado por Carmen Eiroa Barreira75 o 14/06/2016 ás 11:00:07


Enviar comentario a este artigo: