NOVAS / INICIATIVAS
Iniciación á regueifa e á recompilación de Tradición Oral
Cuarto ciclo do Obradoiro de Narración Oral en Lugo: “Iniciación á regueifa e á recompilación de Tradición Oral”
Imparten: Josiño da Teixeira, Xurxo Souto, Isidro Novo e Antonio Reigosa
Inscricións: Gratuíta, do 15 ao 25 de setembro de 2015, no Rexistro Xeral do concello de Lugo (Ronda da Muralla, s/n).
Organiza: Sección de Literatura de Tradición Oral da AELG.
Patrocina: Concellaría de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua do Concello de Lugo.
Lugar: Centro Social Uxío Novoneyra (rúa Quiroga Ballesteros).
Duración: 26 horas / 12 sesións semanais de 2 horas e 10 minutos cada unha.
Prazas: 25 (maiores de 15 anos). Adxudicaranse por orde de inscrición, tendo preferencia os alumnos/as asistentes aos 1º, 2º e 3º ciclos do Obradoiro de narración oral.
Calendario: Os martes
29 de setembro.
6, 13, 20 e 27 de outubro.
3, 10, 17 e 24 de novembro.
1 e 15 e 22 de decembro.
Horario: de 18 a 20:10 horas.
Contidos:
• Iniciación á regueifa, por Josiño da Teixeira (4 sesións).
• Iniciación á recompilación de mitos, lendas, contos e sucedidos de Lugo, por Isidro Novo e Antonio Reigosa (6 sesións).
Realizaranse entrevistas en vídeo e audio en diferentes lugares e con diferentes portadores co obxectivo de gravar, conservar e difundir o noso patrimonio oral. Preparación dunha ficha técnica e dun diario de campo, así como de cuestionarios temáticos.
Crearase un blog ou web onde se irán publicando os materiais recompilados (audios, vídeos…), debidamente inventariados, transcritos e editados.
• Clase maxistral, con Xurxo Souto.
Achegarános ás historias da tradición oral do mundo do mar.
• Sesión final, coordinada por Antonio Reigosa e Isidro Novo.
Aberta ao público, e na que se representarán exemplos de patrimonio oral.