Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

2015_Homenaxe a Galicia Encantada (Festival Atlántica 2015)

Na 3ª edición do Festival Atlántica, esta web foi agasallada cunha homenaxe nun acto celebrado no Museo do Pobo Galego na tardiña do 19 de marzo de 2015 (véspera do Día da Narración Oral e do Día Internacional da Felicidade).

No acto interviron Xacobe Rodríguez (de Pavís Pavós), Avelino González, Ángeles Goás, Charo Pita e Rafael Quintía.

Entregou a caracola ou cornamusa, obra de Marcelo Skapinachis, Soledad Felloza, directora do Festival, e recibiuna en nome de “Galicia Encantada”, Antonio Reigosa.

Emociona e enorgullece ser parte deste país onde tamén viven xentes que, a pesar de todo, procuran a excelencia no que fan e organizan.

 


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Albízaras!!!...¡¡¡Albricias!!!...Moi fermosa a caracola e os agasallos e todo e mais...pero o mellor premio e agarimo de todos é que sigades transmitindo esas lendas e cousas tan fermosa desa Galicia que quere seguir sendo e contando e cantando e vivindo Galicia.
Grazas e moita Saúde.
Goliardo Ceibe

Enviado por Goliardo Ceibe o 23/03/2015 ás 15:48:10


Enviar comentario a este artigo: