Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Contes que em van curar, de Nadia Ghulam e Joan Soler i Amigó

Contes que em van curar (Contos que me curaron)
De Nadia Ghulam e Joan Soler i Amigó
Editorial Columna, 2014.

Històries tradicionals afganeses explicades per la protagonista d'El secret del meu turbant
__________
29 contos tirados directamente da tradición oral afgana, contados e recreados en catalán, a través da memoria de Nadia Ghulam e ao coidado literario do escritor e investigador Joan Soler i Amigó. A primeira publicación nunha lingua peninsular, neste caso en catalán, de relatos populares do exótico e oriental Afganistán.
__________
«Eu xa non os vin, as paisaxes dos contos, pero aínda existen na miña fantasía. Cando nacín, o meu país xa había catorce anos que estaba en guerra. Nin cervos, nin raposos, nin bosques vin na miña contorna. Todo é terra queimada. Pero os contos da miña nai quizais eran o seu xeito de explicarme como era o meu país, a miña paisaxe, antes da desolación... De facerme aprender sen libros a historia do meu pobo, magoada e perdida. Porque eu, aqueles contos, téñoos sempre presentes. Fanme compañía, e máis agora, que estou lonxe do meu país. Grazas aos contos, cando me sinto perdida, vexo alá ao lonxe a luz da cabana do bosque. Son a dimensión emotiva da miña identidade».

BUT NA BUT... isto era e non era unha moza co corpo ferido pola guerra pero coa enerxía dun corazón enorme alimentado polas historias da súa nai. Por primeira vez son trasladados ao papel os contos orais dun país que, como Nadia, cambiou de identidade pero non perdeu a esencia. Un agasallo para os lectores cataláns (ou que lean en catalán), que acolleron esta muller forte e valente na súa terra.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: