NOVAS / INICIATIVAS
GE pide apoios ao colectivo XOC que promove a candidatura do baile e a danza tradicional como patrimonio inmaterial
O colectivo XOC promove a candidatura do baile e a danza tradicional como patrimonio inmaterial
Desde o colectivo XOC, formado polas asociación Xacarandaina (A Coruña), O Fiadeiro (Vigo) e Cantigas e Agarimos (Santiago), maniféstase a firme convición de que o baile tradicional galego merece formar parte da lista de patrimonio inmaterial da humanidade.
Conscientes de que a UNESCO valora positivamente o apoio popular da candidatura, e de que é preciso un amplo respaldo cidadán para que as institucións galegas se impliquen na candidatura, o colectivo XOC demanda que se faga constar o apoio asinando a carta que se insere abaixo e enviándoa a alexavila81@hotmail.com ou ao enderezo postal Rúa Historiador Vedia 3, 15004 A Coruña.
Carta de apoio ao colectivo XOC para que o baile tradicional galego sexa declarado Patrimonio da Humanidade.pdf