Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

NOVAS / INICIATIVAS

II XORNADA DE LITERATURA ORAL: O mito que fascina. Do lobo ao lobishome

Os días 16 e 17 de outubro de 2009 (Véxase o Programa adxunto) vai ter lugar no Salón de Actos da Deputación de Lugo a II Xornada de Literatura oral arredor da figura do lobo " o mito que fascina". Intervirán como relatores:
Xabier P. Docampo, escritor, Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil.
Antxon Gómez Lorente, escritor, garda de montes do Parque Natural de Pagoeta.
Alberte Reboreda, arqueólogo, técnico de Patrimonio Cultural.
X. Luis Garrosa Gude, escritor, profesor e investigador da literatura oral.


DIPLOMA DE ASISTENCIA
Se está interesado/a en obter diploma acreditativo da súa asistencia debe inscribirse previamente a través do e-mail oficina@aelg.org ou chamando ao tlf. 981 133 233.
Organizan: Asociación de escritores en Lingua Galega (AELG)
Patrocina: Área de Cultura da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira.

EXPOSICIÓN: O lobo, unha carreira por sobrevivir.
Sala de Exposicións do Pazo de San Marcos (sede da Deputación de Lugo), desde o 8 ao 25 de outubro de 2009.
Organizan: ADEGA, AAAGP, ERVA e Museo Provincial de Lugo.
Patrocina: Área de Cultura da Deputación de Lugo, Vicepresidencia primeira
Visitas guiadas para grupos escolares de E. Primario e ESO, con concertación previa no tlf. 659 683 384.

PROGRAMA da II Xornada de Literatura Oral.pdf


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: