Sabía que...
Sabía que para desadormecer os pés...
Desadormécete pé
que te hei levar ó San Tomé,
e cun carriño de toxos
heiche cura-los ósos.
Este dito sempre se dixo na casa da miña avoa Laura, que para caqluera doenza tiña unhas palabras curandeiras.
[Remitido por Ruth Mª Fernández Garabatos, de Pousada, concello de Maside (Ourense). Marzo de 2010]
COMENTARIOS ENVIADOS
Na miña casa para desadormecer chupabamos o dedo furabolos e ca saliva faciamos cruces na zona adormecida e así espertaba.
Enviado por Marta Patona o 26/03/2020 ás 12:20:26