Actualizado en data 06/09/2021

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

PREMIOS

CATEGORÍAS RELACIONADAS

2021_Pemio Follas Novas do Libro Galego 2021, modalidade 'Proxecto literario na rede'

Pemio Follas Novas do Libro Galego 2021, modalidade 'Proxecto literario na rede'

«Unha proxecto cunha traxectoria sostida durante moitos anos con recursos limitado pero que fornece de material dos imaxinarios galegos a toda a sociedad, ofrecendo divulgación e información».

***

Agradecemento

Boas noites!

Moi, moi agradecido e emocionado estarei cando Cesáreo mo comunique por este recoñecemento para os 16 anos na rede da web Galicia Encantada.

Agradecemento, en primeiro lugar, para as persoas que fixeron a proposta inicial e ao xurado que decidiu escoller este entre os valiosos proxectos finalistas.

Quero compartir en especial esta ledicia cos fantásticos traballos de Olga Novo e Nee Barros, darlles forza para que sigan adiante co seus imprescindibles proxectos. Aproveito para facer extensibles os parabéns a todos os premiados e finalistas en cada categoría.

Entre todas e todas, a pasos curtos pero ben asentados, imos creando unha galaxia de futuro para a cultura e a lingua, o noso principal valor referencial.

Galicia Encantada naceu para, grazas ás novas tecnoloxías, tentar facer visible, máis alá do medio onde se expresa e representa, a nosa cultura popular.

Algo conseguimos neste tempo, a pesar de sermos un proxecto privado, sen ningunha financiación pública nin privada, que agora, cos azos deste premio ten aínda máis vontade de seguir subindo arquivos, polo menos mentres nos digan desde diversos ámbitos que somos útiles e necesarios.

Galicia Encantada é un proxecto colaborativo, sempre aberto ás achegas que nos veñen desde calquera lugar que, individual ou colectivamente, apoian esta idea de difusión universal para a nosa cultura e para a nosa literatura popular tradicional.

Esta distinción é, sobre todo, para todas e todos eses centos de colaboradores que día tras días, desde hai 16 anos, fan que Galicia Encantada medre e permaneza.

Para eles e para as persoas que desde os inicios apoiaron e contribuíron decisivamente a que este proxecto fose para adiante, en especial para Manuel Fernández Prado, de Lugonet, e para Noemí López, a ilustradora que lle puxo cara e imaxe a Galicia Encantada.

Lamento ben non poder estar presente neste acto. Outras obrigas impedíronmo, así que tamén agradezo a Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, que dea lectura a esta nota de gratitude para as tres organizacións que promovedes estes premios, polo alento que lle dades á literatura galega e a Galicia Encantada en particular con este recoñecemento.

Moitas grazas! Saúde! 

Nota: Texto de agradecemento  de Antonio Reigosa lido por Cesáreo Sánchez Iglesias no acto de entrega dos galardóns Premio Follas Novas do Libro galego 2021 que tivo lugar no Teatro Principal de Santiago de Compostela o 15 de maio de 2021.

***

Gañadoras/es da sexta edición dos Premios Follas Novas do Libro Galego


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: