2013_Premio Irmandade do Libro 2013, na modalidade de Fomento da Lectura
O xurado da edición XXII dos Premios Irmandade do Libro que convoca cada ano a Federación de Libreiros de Galicia, acordou por unanimidade conceder o Premio Irmandade do Libro 2013, modalidade de Fomento á Lectura ao proxecto de Galicia Encantada. O acto de entrega tivo lugar o sábado, 20 de abril de 2013, na Casa de Cultura de Monforte de Lemos. O recoñecemento foi concedido “en virtude da gran dinamización realizada a nivel social da tradición oral galega, por manter vivo o mundo mítico galego, contando cun amplo apoio bibliográfico, polos contidos continuamente actualizados, por converterse nunha fonte de referencia para os centros de ensino, por divulgar o patrimonio cultural galego, por servir de medio de recolección de diferentes historias, polo rigor e a capacidade de investigación, por ser precursora na sistematización da memoria mítica galega”. Desde GE agradecemos este premio que, en xustiza, pertence tamén aos colaboradores que desde distintos ámbitos contribúen a manter vivo este proxecto, e aos lectores que día a día se achegan a esta fiestra virtual co ánimo de coñecer, de saber e de compartir a “alma” dun país e das súas xentes. Con estes azos, seguimos o camiño emprendido cara o noso décimo aniversario, que será, se nada o torce, en marzo de 2015. Mil grazas a todas/os.
_________ No resto de modalidades, os premios desta edición foron foron para: Libro do ano 2012: A noite branca, de Francisco Fernández Naval. Obra editorial do ano 2012: Colección Guías da natureza, de Baía Edicións. Libraría: Librería Kómic, de Santiago de Compostela. Centro de Ensino: CEIP Quintela, de Moaña (Pontevedra) Autor/autora do ano: Mª Xosé Queizán. Premio especial: Antonio Fernández Maira.
COMENTARIOS ENVIADOS
Apertas!
Merce & Luís
Benvido sexa o premio...¡¡¡Grazas a vostedes!!!
Goliardo Ceibe,desde Barcelona.
Un premio moi merecido. Un gran traballo que fai que a nosa cultura non quede no esquecemento. Unha aperta
Un saúdo