RUTAS ENCANTADAS
Roteiro Sarmiento: Cerdedo (Pontevedra)
O "Roteiro Sarmiento" foi instituído pola Asociación Cultural e Ecoloxista "Verbo Xido" de Terra de Montes no ano 2002, coincidindo co ano dedicado á lembranza da vida e obra de Frei Martín Sarmiento, autor con raíces cerdedenses.
O roteiro pretende rememorar a visita que o frade bieito fixo á terra dos seus devanceiros en decembro de 1745. A asociación escolleu por tal motivo o mes de nadal para a súa realización, aínda que calquera data é boa para pórse a camiñar.
O texto e as fotos son de Calros Solla e a montaxe estivo ao coidado de Davide Solla. A presentación do tríptico fai necesario que, unha vez impresos os documentos adxuntos, sexan pregados convenientemente para a súa correcta lectura, pensando, sobre todo, na súa utilización in situ.
854_roteiro sarmiento2.jpg
COMENTARIOS ENVIADOS