O Arco da Vella e os tesouros
Contábanos os nosos pais -en Moaña (Pontevedra)- que cando aparecía o Arco da Vella, debiamos fixarnos moi ben onde "ía beber" (referíanse con esta expresión ao lugar da terra ou do mar onde nacía ou a onde chegaba o arco da vella) porque, de escarvarmos nese lugar, atopariamos un tesouro.
Noutras ocasións falábase, en vez de tesouro, dunha ola con moedas de ouro ou dun cofre, segundo a versión.
[Texto remitido por Soledad Ríos Santomé, de Moaña (Pontevedra)]
COMENTARIOS ENVIADOS