Actualizado en data 06/04/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

As fontes de Celas

Na fonte do Cabo, en Vinseira Pequena, parroquia de Celas de Peiro, concello de Culleredo (A Coruña), di a xente que a auga é boa para curar doenzas dos ollos; por iso aínda hoxe vén xente ás tardiñas buscar desta auga para curacións.
Moi perto da do Cabo, na fonte de Xesto, tamén recollen auga que disque é boa para que beban os enfermos do ril.
No lugar de Peiro, na fonte de Peiro, unha fonte monumental moi antiga, disque se se leva un animal enfermo e se baña na fonte unha noite de lúa chea, mellora.

[Información recompilada pola alumna Rocío Gómez Domínguez do colexio Tarrío, Culleredo (A Coruña) no curso 2000-2001 ao realizar un estudo das fontes de Culleredo baixo a dirección dos profesores Francisco Arturo Pita Fernández, Esperanza Monasterio Álvarez e Aurelio Solla Monteagudo]


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: