Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Poza de Fonfría

A poza de Fonfría localízase na parroquia de Lubre, concello de Ares (A Coruña). Segundo uns, nas súas augas agacha encanto en figura de galiña con pitos, para outros o encanto é unha nena e aínda son ben deles os que din que alí vive unha serpe que mete moito medo.
A quen morde a serpe, ten a morte á porta precedida de desgrazas. En cambio, se a aloumiñas e lle pasas a man polo lombo, non só non che fai dano, senón que se converte en ouro e o seu corpo trasmúdase en marabilloso agasallo.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: