Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Dende Penedo Redondo ata Fonte Sartaña

No lugar de Beariz, parroquia de San Amaro de Beariz, concello de San Amaro (Ourense), hai un gran penedo no cumio dun monte coñecido como Penedo Redondo pola forma que ten.
Máis abaixo deste penedo hai unha fonte entre dúas penas coñecida como Fonte Sartaña. E hai unha copla que di:
Dende o Penedo Redondo
ata a Fonte Sartaña
hai unha trabe de ouro
que vale máis que toda España.
Buscouse a trabe mais, de momento, ninguén atopou nada.

[Recollido por Gonzalo Lama Vaquero en xaneiro de 1994 a Generosa Vaquero]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: