Actualizado en data 21/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

A Fonte da Nena

A Fonte da Nena está en Buxío, na parroquia de San Estevo de Parga do concello de Guitiriz, en Lugo. A orixe do nome ten que ver cunha historia triste que agora vos conto. No lugar de Ferreira, próximo á fonte, vivían un pai e Raquel, a súa filla. Desde que a nai morrera, pareza que dunha maneira un tanto estraña, a tristeza era o pan de cada día naquela casa. Todo eran privacións, fame e miseria. Un día o pai mandou a Raquel por auga á fonte de Buxío. E ela foi, xa ora, e encheu o balde, mais cando xa marchaba, presentóuselle diante unha muller que lle dixo: —Non te asutes; non teñas medo.Nada malo che vai pasar. E ao dicir isto, a muller abriu a man e puxo na man da nena unhas moedas. Desde aquel día cada vez que Raquel ía buscar auga á fonte de Buxío, aparecíaselle aquela señora e dáballe unhas moedas. Na casa eran benvidos aqueles cartos e pouco a fouco foron axudando a matar fame e miseria. Pero un día, o pai quixo saber de onde viñan as moedas e Raquel contou con detalle o que pasaba. Raquel volveu aquel mesmo día á fonte, e volveu outros moitos, mais xa nunca se lle apareceu a muller aquela. Nunca máis a víu. Hai que non o cre, ten que haber de todo, pero aquela muller tiña que ser a nai da nena; mellor dito, o espírito da nai de Raquel que en canto soubo que a descubriran deixou de aparecer. No que todo o mundo acredita é en que esta é a orixe do nome da fonte que desde entón se chama Fonte da Nena.

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

COMENTARIOS ENVIADOS

Esta historia é unha das máis fermosas que lin e oín ,pois tendo como referencia a morte dun ser querido é moi difícir trazar un conto así,no que siga habendo ese amor maternal que senten todas as nais polos seus fillos

Enviado por tomasturbado o 12/11/2018 ás 13:04:41


Enviar comentario a este artigo: