Augas
CATEGORÍAS RELACIONADAS
Fonmiñá
Fonmiñá é o lugar dun dos nacentes do río Miño e está na parroquia de San Salvador de Fonmiñá, concello da Pastoriza (Lugo). A outra fonte do río Miño está no Pedregal de Irimia, no veciño concello de Meira (Lugo). »Moitas veces lle dixeron os frades, os Padres Pasionistas do Convento de Vilaoriente, tamén coñecido como Os Picos, en Mondoñedo, que en Fuente Miña, cando lle daban leccións de Geografía, que escapárase unha parexa de bois con un carro e co paisano no carro e que non fora capaz, por un susto, de paralos. E que se meteran a Fuente Miña e que se sumergiron de tal forma que os veciños, e moita xente, anduveron á expectativa todos os días buscando a ver se aparecía algún resto... pero nunca máis nada pareceu. Os bois e mailo carro e o paisano sumergíronse e nunca máis pareceu nada».
BIBLIOGRAFÍA
COMENTARIOS ENVIADOS