Actualizado en data 20/11/2019

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

As Pontes de Gatín (1)

A Ponte de Gatín está na parroquia de Liber, concelllo de Becerreá (Lugo).
Contan que nos tempos nos que había que facer uns arranxos na ponte, que caía de vella, apareceu polo lugar o demo propoñendo que el faría a ponte nunha noite coa condición de que ao rematar o seu traballo lle entregasen a primeira cousa que atravesase a ponte á mañá seguinte.
Xuntáronse os veciños mailo cura e chegaron ao acordo co demo. Este púxose a traballar inmediatamente na reconstrución da ponte. Cando empezaba a clarexar, e os galos empezaban a cantar, xa o demo estaba rematando a faena:
—Canta o galo!
—Que galo?
—O branco.
—Dálle ao canto!
— Canta o galo!
—Que galo?
—O pinto.
—Dálle ao pico!
—Canta o galo!
—Que galo?
—O negro.
—Pico quedo!
Xa era de mañanciña e o demo púxose a esperar polo seu pago. El ben sabía que quen pasaba pola mañá de primeiro pola ponte era unha rapaza que estaba preñada e era a que el quería, pero... como os veciños tamén eran sabedores do seu interese, no canto da rapaza botaron a un gato negro.
Por iso se lle chama hoxe ao lugar As Pontes de Gatín.

[Texto remitido por José María Carricoba Armesto, Lugo][[Véxase tamén estoutra versión]]

BIBLIOGRAFÍA


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: