Actualizado en data 08/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Micromitos 118: O Urco

O Urco, Orco, can do mar ou can do Urco descríbese como un can xigante de aspecto terrorífico e xeralmente de cor negra. Pode aparecer con cornos, orellas grandes, ollos candentes e arrastrar cadeas. É mito propio das parroquias da beiramar e sempre se relaciona cos agoiros de morte. Vive no Máis Alá, nun lugar submarino que algúns identifican co Borrón.

Sempre sae do mar e soe verse nas noites de lúa chea, xeralmente acompañado de cans negros vagabundos. En terra agranda de tamaño. A súa misión é sinalar coa súa presenza, con ouveos e outros ruídos a casa onde vai haber morto. Ao rematar a misión, regresa ao profundo do mar.

No Entroido de Pontevedra de 1876 Andrés Murais e outra xente simularon un Urco como un rei da antigüidade. Tiveron moito éxito.

En Asturias chámanlle Huerco e ten características idénticas aínda que por alí hai referencias de que tamén pode ser de cor branca. Non se descarta que sexa a mesma figura que se denomina Becerra ou Cadela das tetas longas e que poden ter parentesco ou relación directa co Cérbero, garda do Averno no mundo clásico.


SerieMicromitos

Publicación: Nós Diario, 13 de febreiro de 2021.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: