Augas
CATEGORÍAS RELACIONADAS
nº 17 (2021): Adalid Rodríguez, Rafael José: Serpes e dragóns. Paralelismos entre a tradición oral de Galicia e o norte peninsular
Autor: Rafael José Adalid Rodríguez
Título: Serpes e dragóns. Paralelismos entre a tradición oral de Galicia e o norte peninsular
Revista dixital: Galicia Encantada, nº 17, ano 2021.
ISSN: 1887-2859
Resumo
Previa introdución histórica e relixiosa sobre a figura da serpe, serpe alada ou dragón, introducirémonos de cheo na tradición oral de Galicia e o norte peninsular.
A tradición oral constitúe unha parte esencial do acervo cultural de cada pobo. De forma concreta os contos, lendas e mitos xogaron un papel primordial como transmisores de aprendizaxes e de explicacións sobre valores dunha sociedade, os cales nos permiten comprender o medio ou o entorno do que formamos parte.
Será ao longo destas narracións e estudos sobre os ofidios, onde contemplaremos as diversas atribucións que nos van permitir pór en valor os paralelismos culturais propios de localidades distanciadas. Desta maneira axudaranos a chegar aos elementos comúns asignados, que comparten as diversas formas contadas nos territorios tratados.
Ilustrac.: A. Durero: A muller vestida de sol e o dragón de sete cabezas (Xilografía, 1498).
Adalid Rodríguez, Rafael José: Serpes e dragóns. Paralelismos entre a tradición oral de Galicia e o norte peninsular