Actualizado en data 02/10/2024

rss
facebook
twitter
mouraGaliciaEncantada
mouraGaliciaEncantada

Augas

CATEGORÍAS RELACIONADAS

Micromitos 070: A serea dos Mariño

Entre as liñaxes ou apelidos con orixe pseudo-histórica, a dos Mariño é dos máis coñecidas e das poucas vencelladas a un ser mítico.

Aparece por primeira vez no ‘Livro das Linhagens’ de Pedro Afonso, fillo do rei Don Dinis de Portugal, escrito a principios do s. XIV, texto cuxa autoría se atribuiu ao poeta Paio Gómez Chariño.

Un devanceiro desta casa viu sobre unhas rochas da beiramar tomando o sol varios seres mariños espidos, masculinos e femininos. Mentres o resto despareceron entre as augas, o home apresou unha femia e levouna para a casa. Tiña o coiro groso e escamoso, mais cando a liberaron de todo aquilo, resultou ser unha muller moi fermosa coa que tivo un fillo, o primeiro Mariño.

O mito da orixe dos Mariño foi versionado e incluso adaptado, mediante o preceptivo bautismo, á ortodoxia cristiá. Tivo fortuna na transmisión oral, especialmente na beiramar galega e parécese moito a outros relatos que se contan nas costas de Bretaña e Irlanda.

Forma parte da representación heráldica deste apelido e Castelao fixo uso da imaxe da serea para un deseño dun escudo de Galiza.


SerieMicromitos


 

Publicación: Nós Diario, 5 de decembro de 2020.


Comparte en.

Facebook Twitter Email

Imprimir.

PDF Online

Enviar comentario a este artigo: